Reserva os teus billetes a San Simón

Reserva os teus billetes a San Simón

Se queres vivir unha aventura de lenda, sube ó noso barco a San Simón!

San Simón, unha illa rodeada de mitos cunha gran importancia histórica pese o seu pequeno tamaño, foi antigamente un lugar de contenda, un mosteiro, orfanato e cárcere. Dende o ano 2010 é coñecida como a «Illa do Pensamento», ademais de centro de creación cultural e de interese para todo tipo de artistas. O seu auditorio e biblioteca acolleron xa diferentes eventos como seminarios, congresos e concertos.

No noso navío gozarás dunha fermosa vista panorámica e unha recreación das batallas acontecidas ó longo da historia na ría de Vigo. Á vez que descobres outros lugares da interese turístico pola costa, coñecerás a historia do pirata Francis Drake e da famosa Batalla de Rande. Todo narrado e escenificado polo noso guía especializado, así vivirás de primeira mano o alí acontecido.

Na travesía navegarás sobre tesouros perdidos e descubrirás detalles da ría de Vigo que seguro descoñecías. Déixate sorprender, e logo do percorrido en barco a San Simón, gozarás dun paseo pola illa. Coñecerás os seus coidados xardíns e continuarás empapándote das lendas coa nosa visita guiada.

Esta experiencia é axeitada para todos os públicos, o único requisito é estar ávido de coñecemento e aventura. Ten en conta que só hai 15 viaxes ó ano (todos os fines de semana do verán), polo que é unha oportunidade única para embarcarte nestas augas de conto.

Goza dun día diferente rodeado das mellores paisaxes da ría viguesa navegando cara un paraxe declarada Ben de Interese Cultural (BIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Únete a aventura, adéntrate nas lendas e vive unha experiencia máxica. Navega connosco a San Simón.