Paseo en Barco pola ría de Vigo

Navega por un mar de historia

Descubre todos os detalles dos tres feitos más destacados de todos os que aconteceron na historia da Ría de Vigo, visitando os escenarios onde tiveron lugar. Un guía especializado narrará as invasións de Francis Drake, a Batalla de Rande e a presenza da Alemaña Nazi ao redor do volframio, mentres desfrutas dunha impresionante visita panorámica polo interior da Ría de Vigo.

Teredes a oportunidade de coñecer a historia da Ría de Vigo e as súas lendas,  acompañados por un guía especializado, mentres o barco fai unha panorámica da Ría, que ofrece unhas vistas marabillosas das diferentes paisaxes que vemos durante a travesía.

Francis Drake, famoso pirata no Caribe, corsario nas costas atlánticas europeas e Almirante nomeado pola reina Isabel de Inglaterra, tivo unha relación ancorada na historia da Ría de Vigo a finais do século XVI. Ata en catro ocasións intentou apoderarse das poboacións costeiras, sendo a última a máis dramática de todas elas.

A Batalla Naval de Rande foi librada no interior na Ría de Vigo, a principios do século XVIII, no contexto da Guerra de Sucesión Española. Os galeóns españois, cargados de tesouros procedentes do Novo Mundo e protexidos polos navíos franceses, refuxiáronse na enseada de San Simón, ata que os anglo-holandeses descubriron o escondedoiro do prezado cargamento.

A maior batalla de todos os tempos, a Segunda Guerra Mundial, disputouse moi lonxe da Ría de Vigo, pero non por iso pasou inadvertida. Ao longo das últimas décadas, historiadores, escritores, periodistas e investigadores de toda clase dedicaron miles de páxinas a tratar a presenza nazi nas súas costas. As simpatías do réxime franquista co levantamento alemán e o enclave xeográfico con fines militares propiciaron que, durante os cinco anos que durou a contenda, a Ría de Vigo se convertera en protagonista da mellor película de espías.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino