Escenificación da batalla de Rande

Batalla naval de Rande

A Batalla Naval de Rande, é, sen dúbida, o feito histórico máis importante da Ría de Vigo. Navegando connosco poderás coñecer o desenlace deste lendario acaecemento histórico, da man do Conde de Sarmiento e Valladares, Virei das Indias e Conde de Moctezuma e Tula. Esta experiencia levará a túa mente ata o Século XVIII e poderás vivir a contenda como un protagonista máis da mesma. 

E quen mellor que o propio Conde de Moctezuma e Tula para terminar de contarche este relato clave na historia da Ría de Vigo que terminou coa Batalla Naval de Rande, o 23 de outubro de 1702. Esta personaxe, clave nesta Batalla, relataravos en primeira persoa como se sucederon os acontecementos e o seu desenlace, compartindo convosco as súas opinións, pensamentos e mesmo os seus sentimentos.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino