ILLA DE SAN SIMÓN

Mergúllate na historia

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

» Paseo en barco

Mar de Ons ofréceche a posibilidade de vivir unha experiencia inesquecible, atravesando o mar ata a Illa de San Simón, mentras desfrutas dunha impresionante vista panorámica e coñeces a bordo todos os detalles dos feitos históricos máis relevantes ocorridos na Ría de Vigo.

Descubre todos os detalles dos tres feitos máis destacados de cantos ocurriron na historia da Ría de Vigo, visitando os escenarios onde tiveron lugar.

Despois da travesía en barco polos lugares con maior carga histórica da nosa ría, terás a oportunidade de realizar unha visita guiada pola Illa de San Simón, un lugar de conto e lenda, que aínda irradia maxia polos avatares que nela aconteceron.

O peche de ouro desta viaxe pola historia da Ría de Vigo, vén marcado pola visita a pé o redor da lendaria Illa de San Simón. Na que descubrir todos os segredos que agocha esta enigmática illa e os diferentes usos que se lle deron ao longo da historia.

» Visita guiada a San Simón

» Galería fotográfica

Descubre a beleza dos escenarios nos que se desenvolve esta experiencia a través da nosa galería fotográfica.

Descubre os segredos da Illa de San Simón grazas á nosa galería de imaxes da illa. Achégate a unha das illas con máis historia do Atlántico grazas a estas fotografías.

NON ESPERES MÁIS...

RESERVA XA O TEU BILLETE