Reserva os teus billetes á Illa de Ons

Reserva os teus billetes á Illa de Ons

Reserva a túa praza no barco á Illa de Ons e vive a lenda.

A cultura galega caracterízase pola súa tradición en lendas, e a Illa de Ons non é unha excepción. Esta illa é a única illa poboada das que forman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e os seus habitantes encárganse de manter viva a maxia e de contar as historias que emanan deste marabilloso lugar.

Aínda que a illa está poboada, é un lugar tranquilo, onde as praias virxes constitúen un anaco da súa identidade e, en casos, forman parte das rutas de sendeirismo e cicloturismo. Ons é rica en fauna e flora, o que inclúe os famosos corvos mariños e os queridos golfiños.

No desembarco atoparaste na Para das Dornas, perfecta para aqueles que queren desfrutar dende o primeiro momento dun bo baño ou de descansar na súa area. Preto desta praia, encóntrase A Laxe dos Cregos, silueta con forma humana tallada nas rochas e rodeada de lendas.
Ademais de gozar da praia, poden desfrutar de tódolos servizos con que conta a illa, como por exemplo, os restaurantes de calidade, precedidos pola súa boa fama.

Tódalas rutas de sendeirismo son circulares para o desfrute pleno da paisaxe e cunhas vistas impresionantes. Os seus paraxes son perfectos para os amantes da natureza, onde os bosques mestúranse co rumor das olas e do olor do sal. Amais, é a única illa do arquipélago atlántico galego que se pode percorrer en bicicleta, e a cal pode transportar no barco á illa.

Seguindo a ruta Norte, chégase até a Praia Melide, a máis afastada da zona de maior afluencia, mais considerada a mellor da illa debido as súas augas cristalinas e de area branca.

Dende o barco pódese intuír algúns dos seus marabillosos recunchos, mais algúns quedan escondidos até que exploras a illa, como o Buraco do Inferno. Conta a lenda que por este oco, modelado de forma natural no medio dunha rocha, pódese escoitar os lamentos das almas que navegan entre os dous mundos.

Se queres desfrutar dun sitio único, natural, con tradición cultural e con paisaxes asombrosos, marca como imprescindible esta visita.

Cando subas ó barco non esquezas cargar coa ilusión de descubrir o que alí te espera e, sen dúbida, volverás cheo de maxia.