Onde comer na Illa de Ons

O seu prato estrela é o polbo, preparado en caldeirada ou “á feira”. Porén, tamén se poden degustar outros produtos frescos do mar de primeira categoría, froito da pesca artesanal e da tradición desta Illa, como son a robaliza, as ameixas, as navallas ou as zamburiñas. O inconfundible sabor dos seus pratos gorentará calquera padal.

Ademais, o viaxeiro sorprenderase pola calidade dos seus viños, especialmente os brancos das Denominacións de Orixe Rías Baixas ou Ribeiro; das súas sobremesas, feitas de forma artesanal; e das súas impresionantes vistas ao mar.

Polbo “A Illa”

A pesca ten sido a actividade máis importante dos illeiros dende as súas orixes e converteuse no principal sinal de identidade. O polbo, pescado con artes milenarias, é o principal protagonista da súa gastronomía, cativando a todos aqueles que se desprazan á Illa de Ons para degustar este prato único e incomparable.

Entre as diferentes variedades de preparación a máis tradicional é en caldeirada. Esta receita fusiona os ingredientes tradicionais da Illa: o polbo e as patacas, que se regan cun salsa feita con aceite, allo, cebola e pemento moído.

 

Ler máis Ler menos

Casa Checho

Para poder apreciar a gastronomía do lugar en todo o seu esplendor e realizar unha viaxe culinaria a través do recordo e a tradición, a Illa dispón dun restaurante onde se elaboran os pratos máis representativos. “Casa Checho” é un establecemento onde a calidade é superior ao prezo e o ambiente ten aromas de familia.

Os peixes e mariscos frescos do día son a especialidade da casa; as súas sinxelas e tradicionais elaboracións, a súa sinatura. A caldeirada de polbo e a empanada de millo con zamburiñas son o seu principal sinal de identidade.

Datos de contacto: Curro 10 Aptdo.36930 Teléfono: 986687698

 

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino