Goza das Lágrimas de San Lourenzo a bordo

Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de gozar dun dos fenómenos astronómicos máis espectaculares do ano: as Lágrimas de San Lorenzo ou, para os amantes da astronomía, a chuvia de estrelas das Perseidas.

Este espectacular evento convértese nunha cita obrigada entre a nosa clientela en verán. Durante uns días, o ceo énchese de estrelas fugaces e Mar de Ons porá rumbo cara o ceo das Illas Cíes. O entorno das Illas Cíes é un lugar privilexiado para contemplar este fenómeno comodamente a bordo dunha das nosas embarcacións, afastados da contaminación luminosa. As Illas Cíes teñen o certificado de Destino Turístico Starlight, por tanto, vivir preto delas un evento tan significativo será algo único e máxico.

As Perseidas ou Lágrimas de San Lorenzo

As Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo chegan ao seu punto de máxima intensidade entre o 11 e o 13 de agosto e Mar de Ons, como tódolos anos, pon en marcha un servizo especial para poder contemplar este fenómeno astronómico dende o mar. Esta non é a única chuvia de meteoros do ano, pero si a máis intensa e o tempo do verán facilita a súa observación. As partículas que causan as Lágrimas de San Lourenzo foron producidas polo cometa Swift-Tuttle. A chuvia prodúcese polas mesmas datas cada ano, pois a terra atopa de novo esta acumulación de partículas no seu movemento anual de translación arredor do Sol.

@s nos@s pasaxeir@s terán a oportunidade de gozar dunha perspectiva privilexiada, afastada das luces da cidade, acompañados da explicación dun guía astronómico. Descubre o porqué deste impresionante fenómeno e todo o que se pode distinguir a simple vista dende a Terra do universo infinito. Sen dúbida, encantarache esta experiencia!

Este servizo especial para observar a chuvia de estrelas contará con saídas dende o porto de Cangas ás 22:30 h e dende Vigo ás 23:00 h. Apúntate connosco e reserva xa! Non te quedes sen gozar dun dos fenómenos máis esperados do ano.