OUTRAS VIAXES EN RÍAS BAIXAS
Disfruta dos fogos de Bouzas, as Bágoas de San Lourenzo, a Arribada ou as rutas pola Ría de Pontevedra.
» Especial Halloween – Cea e Música
A mellor música a bordo, un menú elaborado especialmente para a ocasión e os mellores disfraces agárdante a noite do 31 de outubro. Sen dúbida a mellor opción para saír en Halloween en Vigo durante a noite máis terrorificamente divertida do ano.
Naviera Mar de Ons ofréceche durante o día visitas guiadas ás illas Cíes, illa de San Simón… pero, e durante a noite? Non podes deixar de cear a bordo, navegar coas luces de Vigo como fondo, internarte ata o corazón da Ría de Vigo, onde atoparás outro protagonista, a ponte de Rande.
» Especial Nadal – Cea e Música
» Festa da Arribada – Baiona
Cada ano, os nosos clientes reservan os seus billetes para gozar deste marabilloso espectáculo pirotécnico a bordo. Sen dúbida, esta é a mellor fórmula para gozar deles e da fermosa paisaxe que nos ofrece a Ría de Vigo de noite.
» Fogos de Bouzas
» Fogos de Sanxenxo
Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de vivir ese espectáculo pirotécnico tan abraiante e especial a bordo. Goza dunha posición estratéxica nunha das nosas embarcacións; presenciarás un xogo de luces que ten como escenario o ceo, como espello o mar, e como pano de fondo, a vila mariñeira de Sanxenxo.
Dende Mar de Ons invitámoste a presenciar este fantástico paseo marítimo pola Ría de Pontevedra no que nos aproximaremos ás bateas, tan coñecidas en Galicia e pouco comúns noutras zonas.
» Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Pontevedra
» Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Vigo
Este espectacular evento convértese nunha cita obrigada entre a nosa clientela en verán. Durante uns días, o ceo énchese de estrelas fugaces e Mar de Ons porá rumbo cara o ceo das Illas Cíes.
» Bágoas de San Lourenzo – Perseidas
» Mar de Noches – Cea e Música
Baixo o título “Mar de Noches”, Naviera Mar de Ons presenta unha das nosas últimas iniciativas na que conxugamos a mellor música, a paisaxe engaiolante da Ría de Vigo e a gastronomía. É sen dúbida a mellor aposta nocturna para as noites do verán.
Combarro é un dos pobos máis visitados da nosa comunidade autónoma. Considerado o pobo costeiro mais bonito de toda Galicia, convertese nunha visita obrigada para o turismo nacional e estranxeiro. Situado na provincia de Pontevedra, conta coa maior concentración de hórreos de toda Galicia, ¡nada máis e nada menos que 60 hórreos! Dos que 30 deles, alíñanse á beira da ría.
Navieira Mar de Ons, ofréceche cada verán a posibilidade de visitar este pobo mariñeiro onde o mar, os hórreos e os cruceiros son os grandes protagonistas de esta pequena e fermosa localidade. Embárcate cada sábado e domingo dende Portonovo ou Sanxenxo e navega ata Combarro, coñecerás o pobo costeiro mais bonito e con máis encanto de Galicia.