Normativa do espazo natural San Simón

Estas normas teñen como obxectivo salvagardar a seguridade das persoas visitantes, así como
os elementos patrimoniais do Sitio Histórico e o medio ambiente da paraxe natural onde se
atopa.

  •  Non está permitido comer nas illas, nin facer lume de calquera clase, agás as
    excepcións recollidas nesta normativa.
  • Non está permitido fumar no interior de ningún edificio. Con respecto aos espazos
    exteriores, só se poderá fumar nos peiraos de acceso, nas superficies lousadas e no
    espazo comprendido entre o restaurante, a capela e o edificio da Casa da Cultura e dos
    Deportes do Mar.
  •  Non está permitido tirar ningunha clase de lixo ao chan. A entidade organizadora pode
    ter que sufragar o custo da limpeza resultante do incumprimento desta norma.
  •  Non está permitida a entrada de animais de compañía excepto cans guía.
  •  Está prohibido o baño nas costas das illas, tomar o sol, etc.
  •  Está prohibido xogar coa pelota, ao fútbol ou calquera actividade que poida danar o
    entorno natural e patrimonial das illas.
  •  Non está permitido cortar flores, ramas, plantas, etc.
  •  As persoas visitantes poderán pasear polos xardíns e exteriores das illas de San Simón
    e San Antón e visitar as exposicións que se atopen abertas ao público, así como a
    capela de San Simón. Está prohibido o acceso de persoas non autorizadas ao resto de
    instalacións e edificacións, salvo disposición en contrario.
  •  Tamén poderán ser usados os edificios con aseos públicos.
  •  Non existe persoal de guía a disposición das visitas. O uso de guías contratados por
    parte dos visitantes está autorizado, sempre e cando non empreguen elementos de
    megafonía, tales coma altofalantes ou similares.
  •  Os menores de idade poden entrar baixo a supervisión e coidado dun adulto.
  •  Existen cámaras de seguridade nas illas que NON GRAVAN as imaxes que toman, polo
    que a privacidade dos visitantes, a eses efectos, queda garantida.