Centros Escolares

Actividades lúdicas e educativas en contacto coa natureza para cada idade

Mar de Ons ofrece aos centros escolares visitas didácticas e lúdicas para que os alumnos aprendan dun modo diferente e divertido e desfruten dunha viaxe inesquecible xunto aos seus profesores. Para iso o noso equipo de guías e monitores acompañaraos durante a viaxe realizando rutas personalizadas para cada grupo e organizando actividades que se adapten ás distintas idades e cursos.

En Mar de Ons invitámolos a coñecer un dos espazos naturais protexidos máis importantes de Galicia e España para que os escolares poidan vivir a experiencia de navegar as illas e visitalas da man do noso equipo de profesionais. Os nosos guías converterana nunha experiencia única grazas ás rutas de sendeirismo dinámicas con xogos nos que traballan os valores ecolóxicos do parque.

Nas Illas Cíes, os escolares aprenderán que é un Parque Nacional, o respecto polo medio ambiente e o gusto pola natureza, e a Illa de Ons trasladaraos ademais no tempo facéndolles coñecer a a gran riqueza patrimonial, cultural e natural da zona.

A nosa excursión á San Simón é unha excelente visita cultural na que, ao longo dunhas 4 horas, poderedes descubrir os sucesos históricos e lendas da ría de Vigo a través dun agradable paseo marítimo polo seu interior e diferentes actividades como visitar o Museo Meirande e un interesante e ameno recorrido guiado a pé polas illas cargado de sorpresas e xogos para todas as idades.

Outra das nosas propostas máis interesantes e recomendada sobre todo para os máis pequenos é a actividade “Embarca con Mar de Ons”. Durante esta visita dunhas 3 horas de duración os escolares poderán coñecer de primeira man ¿Que é un barco?, ¿Por que flota?, ¿Como funciona? Ademais propónselles cruzar a ría nun dos nosos catamaráns para que a través de xogos e dinámicas realizadas polos nosos monitores poidan aprender e teñan unha perspectiva diferente do seu entorno. Tamén se organizan outras actividades complementarias nos portos de saída e/ou destino segundo o tempo e características do grupo.

Solicita orzamento

Cíes

  • Visita educativa: alumnos e profesores poderán descubrir os valores medioambientais únicos das illas Cíes ao realizar algunha das 4 rutas que recorren as illas dunha forma lúdica, dinámica e personalizada da man do noso experto equipo de guías que as adaptarán ás características e idades de cada grupo.

  • Actividades lúdicas: as illas son un escenario ideal para que os nosos monitores reforcen os valores ecolóxicos que ofrece este espazo a través de actividades e xogos que vos permitan desfrutar dunha xornada de ocio e diversión no arquipélago protagonista da ría de Vigo.
  • Calendario e tarifas: organizamos excursións durante todo o ano mais tratamos de adaptarnos ao voso calendario escolar para procurarvos a mellor tarifa e horarios. Pedide o voso orzamento sen compromiso canto antes e desfrutade dunha visita de medio día ou de día enteiro ao mellor prezo.

Ler máis Ler menos

Ons

  • Visita educativa: a illa de Ons é un destino ideal para que os máis novos se empapen da cultura e tradición que desprenden todos os recunchos desta illa a través dos itinerarios didácticos que os nosos guías vos proporán.

  • Actividades lúdicas: os distintos espazos naturais que compoñen a illa proporcionan os marabillosos recursos para que os monitores que vos acompañen poidan organizar multitude de actividades e xogos interesantes e divertidos.
  • Calendario e tarifas: organizamos visitas a Ons durante todo o ano pero recomendámosvos as datas e horarios que mellor se adapten a vosa programación. Pedide o voso orzamento sen compromiso canto antes e desfrutade dunha excursión dende os portos de Vigo ou Bueu ao mellor prezo.

Ler máis Ler menos

San Simón

  • Paseo en barco: desfrutade en grupo dun cruceiro educativo cara o interior da enseada de San Simón, no que poderedes descubrir dunha forma interesante e divertida todos os detalles e feitos históricos que marcaron a ría de Vigo e a súa contorna dende unha perspectiva única.

  • Visita o museo Meirande: revive a batalla de Rande e as curiosidades e misterios da ría neste interesante centro de interpretación no que realizamos unha pequena parada para que os alumnos poidan contextualizar e complementar a visita.
  • Visita a San Simón: unha vez na illa de San Simón, os alumnos poderán descubrir a pé todos os seus recunchos, a súa historia e as súas lendas acompañados polos nosos guías que farán con eles un percorrido personalizado ás idades do grupo e que estará cheo de sorpresas.
  • Horarios e tarifas: trátase dunha experiencia dunhas 4 horas de duración con saídas dende Cangas e Vigo, que constitúe a oportunidade perfecta para organizar as saídas culturais do voso centro. Organizade xa a vosa excursión con nós e coñecede este importante punto de interese cultural da ría de Vigo coas nosas tarifas especiais para grupos ao mellor prezo. ¡Reserva agora e non quedes sen a túa praza!

Ler máis Ler menos

Embarca con Mar de Ons

  • Actividade educativa: esta é unha visita especialmente recomendada para os máis cativos na que desfrutaredes da oportunidade de visitar o interior dun dos nosos catamaráns e na que o noso persoal ensinará aos nenos ¿Que é un barco?, ¿Como funciona? E moitas máis cousas do eido mariñeiro.

  • Actividades de ocio: ofrecémosvos a posibilidade de vivir a experiencia de descubrir a ría de Vigo navegando e aprendendo sobre todo o seu ambiente a través de xogos e dinámicas que capten a atención e interese dos cativos.
  • Actividades complementarias: engadide á vosa visita outras rutas e actividades de animación nos portos de saída e/ou destino segundo as características e necesidades do voso grupo de escolares para complementar a vosa xornada educativa.
  • Horarios e tarifas: pódese organizar esta actividade durante todo o ano con gran flexibilidade de horarios e ao mellor prezo.
  • Ler máis Ler menos

    Elixe o teu destino