VIAXA CON MAR DE ONS

Illas Cíes, Illa de Ons, Illa de San Simón, Illa de Tambo… e moitos destinos máis!

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

Billete para as Illas Cíes

Viaxes para grupos

Billete para a Illa de Ons

Blog

Situado na Ría de Vigo, o arquipélago das Illas Cíes é un auténtico paraíso natural, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Composto polas illas de Monteagudo, Faro e San Martiño, nesta contorna atópase a mellor praia do mundo, segundo The Guardian. No ano 2007, este prestixioso diario británico describiu a Praia de Rodas como unha auténtica ‘praia caribeña’. Tal e como explicaban: “A auga é o bastante turquesa e a area é o suficientemente branca como para crerse a comparación…”. Quen a visita enseguida comprende por que.

Viaxe ás Illas Cíes


 

Mar de Ons ofrécelle a maior frecuencia horaria para visitar as Illas Cíes desde os portos de Vigo, Cangas, Baiona Sanxenxo e Portonovo.

Para garantir a correcta conservación e evitar o deterioro, o número de visitantes ao día é moi limitado, polo que se recomenda reservar billetes con antelación.
Se amas a natureza e o aire libre, este é o lugar ideal. No seu percorrido agarda unha xeografía variada e fermosa que combina todo tipo de sendeiros, penedos pouco comúns, espazos protexidos de gran valor ecolóxico...
Unha sucesión de preciosas postais que quedaránseche gravadas na retina. A riqueza desta illa pódese ver, escoitar, cheirar, tocar e sobre todo, saborear. A súa deliciosa gastronomía baséase en productos de mar recén pescados, onde o polbo é, sen lugar a dúbida, o protagonista destacado.

Viaxe á Illa de Ons


 

Visita a Illa de Ons e poderás gozar das súas marabillosas praias, roteiros, gastronomía e experiencias incribles na natureza.

Viaxa con Mar de Ons e beneficiate de importantes descontos para visitar a Illa de Ons desde os portos de Vigo, Portonovo, Sanxenxo, Bueu e Combarro.

» Illa de San Simón

Poucas veces se ten a posibilidade de vivir a experiencia de converter as páxinas dun libro de historia en realidade e esta é unha delas.
Navega con Mar de Ons e coñece de primeira man a emocionante historia da Ría de Vigo, testemuña de incontables historias de corsarios, monxes templarios, cruentas batallas, tesouros ocultos e viaxeiros de terras afastadas. Navega con nós por este mar cheo de historia, interactúa cos seus protagonistas e desembarca na Illa de San Simón, un lugar de historia e lenda situado na Ría de Vigo, que aínda irradia a maxia dos históricos avatares que nela aconteceron.

Viaxe á Illa de San Simón


 

Visita a Illa de San Simón e poderás gozar dun paseo en barco inesquecible. Ademais, ofrecémosche unha visita guiada.

As características deste marabilloso espazo natural fan que a oferta de prazas para vivir esta experiencia sexa moi limitada.

Traxecto Vigo-Cangas


Goza das impresionantes vistas que ofrece a Ría de Vigo. Viaxa entre Vigo e Cangas durante os 365 días do ano. En só 20 minutos o barco déixate no centro de ámbalas dúas localidades, desde só 1,52€. Fai dos teus días algo completamente diferente.

A Xunta aplicará desde o 1 de setembro un desconto temporal nos prezos do Transporte Metropolitano da ría de Vigo. A reducción do prezo aplicaráse ás tarifas dos bonos mensuais, así como ás viaxes aboadas coas tarxetas de Mobilidade de Galicia. + info.

» Somos Mar de Ons

Máis dun millón de persoas elíxennos cada ano.

Desde que comezamos a operar hai máis de 26 anos, o noso obxectivo foi sempre dar a mellor atención para que poidas gozar dunha xornada única. Seremos un compañeiro de viaxe en quen confiar. Cada ano escóllennos máis dun millón de persoas, converténdonos na principal empresa de transporte marítimo de pasaxeiros de Galicia.

Vigo Cangas
45 Saídas Diarias
Illas Cíes
22 Saídas Diarias
Illa ons
22 Saídas Diarias
●●●
máis información