Excelencia no servizo
Todos os servicios que prestamos compren unha serie de exixencias técnicas que foron establecidas previamente nunha norma, e que van encamiñadas á plena satisfacción dos nosos clientes.
En Mar de Ons centrámonos en motivar aos nosos traballadores para acadar un obxectivo común que é a satisfacción dos nosos clientes e a mellora continua para conservar o noso liderado no sector.
Este esforzo levounos a converternos nunha das poucas compañías do sector que obtivo a distinción “Compromiso coa Calidade Turística” concedida polo Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas.
Política de calidade e medio ambiente
NAVIERA MAR DE ONS, S.L. é unha empresa cunha clara vocación por manter o Liderado no sector do transporte marítimo de pasaxeiros en GALICIA. O noso obxectivo estratéxico é satisfacer plenamente os requisitos e as expectativas dos nosos clientes, respectando o Medio Ambiente.
Para lograr o noso propósito contamos cos recursos técnicos, económicos e humanos necesarios en todas as áreas da organización, e é vontade da compañía realizar o esforzo necesario para adecuar estes recursos aos novos tempos.
Consecuente con este enunciado, NAVIERA MAR DE ONS, S.L. manifesta e asume os seguintes compromisos e principios de Calidade e da Xestión Ambiental:
- Estamos ao servizo dos nosos clientes, comprometidos coa sociedade e o respecto ao entorno. O noso compromiso é cumprir todos os requisitos do cliente, mantendo un rigoroso respecto da lexislación e a regulamentación que afecta ás nosas actividades, así como da normativa ambiental, co fin de minimizar os impactos ao entorno cos recursos que sexan técnica e financeiramente asumibles.
- Consideramos a formación en todas as áreas, incluíndo os aspectos medioambientais, como un elemento básico para mellorar a nosa profesionalidade, que contribuirá tanto á satisfacción persoal como á satisfacción dos nosos clientes polo bo servizo recibido.
- Os nosos mandos asumen o seu papel de líderes e para iso organizan o traballo en equipo, creando ilusión e motivación, recoñecendo a labor ben realizada, axudando a alcanzar os obxectivos e preocupándose do desenvolvemento profesional e humano das persoas que integran o seu equipo.
Unha vez identificados os aspectos ambientais, a actuación da Empresa encamíñase na seguinte dirección:
- Prevención da contaminación mediante o control de emisións atmosféricas.
- Minimizar os consumos.
- Minimizar os residuos.
- Control de vertidos.